Redacción 02/10/2019

O púxil adestrado por Juan Alonso venceu na competición autonómica na modalidade de kickboxing lowkick

 

 

O clube deportivo KickBoxing Mos segue cultivando títulos, neste caso con Alberto Simón, que o sábado 21 do pasado mes de setembro conseguiu vencer ao púxil Erik Saúl do ximnasio Simón de Vigo, erixíndose novo Campión Galego de Kickboxing (lowkick).

O Campionato Galego de Kickboxing tivo lugar no concello de Miño (A Coruña). Tras 3 duros asaltos, o púxil mosense alzouse coa vitoria, levándose así o ansiado Cinto de Campión Galego.

O seu adestrador, Juan Alonso, define a Alberto como “un mozo moi disciplinado” e está convencido de que “seguirá cultivando títulos”, posto que antes de que termine o ano disputará a final de Campionato Galego de K1, e a semifinal do Campionato Galego de Full Contact.

O KickBoxing Mos é un dos poucos clubs de Galicia que compiten en todas as modalidades: kickboxing, K1, Full Contact e Muaythai. Nesta última non puderon disputar as finais por non ter rivais no seu peso.

O equipo mosense  adestra no ximnasio Jovhen Sport do Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad