O domingo 13 de outubro disputarase esta carreira que, como na anterior edición, contará con dúas probas: en Valença en horario de mañá e en Tui pola tarde
O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.
Esta evento contará con dúas probas: unha de mañá en Valença, con inicio ás 10.30 h españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, ás 16.30 h, polo conxunto histórico de Tui, tendo os interesados a posibilidade de participar nas dúas probas.
As inscricións están xa abertas ata o xoves, 10 de outubro, ás 22.00 h españolas, a través da web www.aromon.es/inscripciones/eurocidade2019, nas categorías iniciación nen@s, iniciación adultos e avanzado.