O acusado do roubo nunha empresa porriñesa a plena luz do día é un delincuente reincidente
Axentes da Policía Local de O Porriño detiveron a J.F.F.R. de 30 anos de idade, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio, acusado de roubar nunha empresa da vila, a plena luz do día.
Os feitos ocorreron onte domingo, cando a Policía Local do Porriño recibe a alerta de que un mozo rachara o cristal dunha fiestra, para acceder a unha empresa ubicada no casco urbano.
Coa descripción facilitada, a Policía Local dispuxo un operativo para cercar ao presunto autor, que fuxía polas vías do tren en sentido Vigo. En 20 minutos os axentes localizaron e capturaron ó individuo, que resultou ser un delincuente reincidente con antecedentes policiais e penais por feitos similares.
Dende a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, subliñase a importancia da colaboración cidadá para atallar e esclarecer este tipo de feitos delictivos facilitando o traballo da Policía Local do Porriño. Lembrase que o teléfono directo para comunicar coa Policía Local de O Porriño é 620 40 40 40.