Este curso a Secretaría Xeral da Igualdade subvenciona o programa municipal que incluirá un módulo sobre igualdade e prevención da violencia de xénero conmemorando o vindeiro Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro
Á hora de inscribirse os usuarios dos cursos seguirase o criterio de discriminación positiva en beneficio das mulleres
Onte pola tarde celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos unha reunión con representantes de todas as asociacións mosenses que participan no programa municipal Tempo de Lecer, xunto coa concelleira de Participación Cidadá mosense, Begoña Toucedo, a edil de Educación e Formación, Julia Loureiro, e a de Política Social, Igualdade e Cultura, Sara Cebreiro.
A xuntanza tiña por obxecto presentar a nova edición do programa Tempo de Lecer, e informar da apertura do prazo de inscrición para as asociacións; así como das novidades deste ano, referentes ao enfoque en materia de igualdade. E é que nesta ocasión o programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que dirixe Susana López Abella.
As novidades consisten na organización dun obradoiro sobre igualdade e prevención da violencia de xénero común para todas as asociacións participantes e que se impartirá para conmemorar o vindeiro Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro, e na discriminación positiva en favor das mulleres á hora de asignar as prazas dispoñibles nos cursos. Ata o de agora a porcentaxe de mulleres usuarias nos cursos das anteriores edicións de Tempo de Lecer sempre representou o 80%.
Unha vez aberto o prazo de inscrición para as asociacións do municipio de Mos que queiran participar no programa Tempo de Lecer 2019-2020 e impartir nos seus locais sociais cursos dos que se ofertan dende esta iniciativa promovida e organizada polo Concello, estas xa poden solicitar formalmente o curso ou cursos nos que están interesadas a través da Sede Electrónica do Concello de Mos.
Os cursos do programa Tempo de Lecer teñen unha duración igual á do curso escolar, é dicir dende o mes de setembro a xuño; e están dotados de 60 horas de clase.
O formato de distribución das horas lectivas dos cursos igual que o curso escolar foiunhasolicitude das propias asociacións, que demandaban esta fórmula para evitar as interrupcións de meses sen curso. Destexeitoao ser os cursos seguidos, senparóns, aproveitaransemellor as clases. O cambio entrou en vigor xa na pasada edición correspondenteao curso 2018-2019.
Os obxectivos do programa municipal Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
O sistema para organizar e levar a cabo este programa é o seguinte: ofértase un listado dos diversos obradoiros, diferenciados por áreas. Será a asociación a que elixirá nos que desexa participar.
A data e horario dos obradoiros será elixido polas asociacións que o soliciten, adecuándose ás súas necesidades.
Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello.O custo doscursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.
Os obradoiros que se poden solicitar son todos os incluídos na listaxe elaborada polo Concello, así como calquera outro que as asociacións participantes desexen pedir ou suxerir. Os cursos do listado proposto polo Concello de Mos, distribuídos por áreas, son:
1.- Área de Bricolaxe e Elaboración Artesá
- Restauración de mobles de madeira
- Técnicas de embelecemento de mobles
- Tapicería
- Decoración en metal, cartón e escaiola
- Taller de lencería do fogar
- Talla de cristal
- Esmalte en frío
- Velas artesanais
- Portarretratos artesanais
- Confección de bixutería
- Arte Floral
- Elaboración de Xabóns
- Herbas Medicinais
- Cosmética Natural
- Elaboración de Licores
- Retalería Artesá. Patchwork
- Taller de Pintura en tea
- Reparacións domésticas e bricolaxe no fogar
- Reciclaxe de obxectos desbotados
2.- Área alimentación Sá
- Dieta sá e equilibrada
- Taller de cociña básica Sá
- Taller de cociña elaborada Sá
- Taller de Repostería saudable
- Cociña Dietética
- Cociña Ecolóxica
- Cociña e repostería vegana e vexetariana
3.- Área de Cociña e restauración
- Cociña tradicional galega
- Conservación de alimentos
- Panadería – Repostería
- Tapas e canapés
- Repostería Creativa
- Cata de viños
- Corte de xamón
- Elaboración de cervexa artesá
4.- Área de Deporte
- Taller de aerobic
- Taller de Batuka
- Taller de Zumba
- Taller Danza do Ventre
- Taller Kizomba
- Taller de Bailes Latinos
- Taller Funki
- Taller Break Dance
- Taller de Pilates
- Taller de Ioga
- Taller de Reiki
- Ximnasia de Mantemento
- Sendeirismo
5.- Área de arte e Formación
- Taller de teatro
- Taller de debuxo
- Taller de pintura
- Taller de coiro
- Taller para falar en Público
- Taller encadernación, marquetería
- Taller de empaquetado
- Taller escaparatismo
- Taller de Fotografía
- Lingua de signos
- Primeiros Auxilios (en recen nados , adultos)
- Coidado de persoas maiores no fogar
- Taller de Corte e confección
- Taller personalShopper
- Taller de customizar roupa
6.- Área das nosas tradicións
- Iniciación a cestería
- Cestería avanzada
- Taller de Pandeireta e canto
- Taller baile tradicional
- Taller de Gaita
- Taller de Percusión
- Taller de xogos populares
- Encaixe de palillos iniciación
- Encaixe de palillos avanzado
7.- Área das novas tecnoloxías (ordenadores por conta dos participantes)
- Internet e redes sociais. (correo electrónico, facebook, twitter, instagram…)
- Taller de Informática Iniciación
- Taller de Informática Avanzado
- Creación páxinas web
- Curso de uso de móbil iniciación
8.- Área de Idiomas
- Taller de Inglés
- Taller de Francés
- Taller de Italiano
9.- Área de Coidado persoal
- Como combater a ansiedade: remedios naturais, Flores de Bach,…
- Plantas medicinais
- Dietética e Nutrición.
- Control de Estrés
- Taller de prevención de lesións e de dores de costas
- Taller de axilidade mental e técnicas para a memoria
- Taller de Risoterapia
- Taller de Musicoterapia
- Taller de maquillaxe
- Taller manicura e pedicura
- Taller de intelixencia emocional
- Taller elaboración peiteados
10.- Área de Agricultura
- Poda e tarefas do campo
- Xardinería