
Acordouse a axilización de prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde de O Porriño establecendo que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto
EU Son advirte que cos prazos dos que falou o Conselleiro “non veríamos realidades ata o 2021”
Un apretón de mans sellou o acordo entre Consellería de Sanidade e Concello de O Porriño para que ambas administracións poñan o máximo empeño en axilizar prazos e execución, da ampliación do Centro de Saúde da vila. O compromiso establece que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto.
O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña e a Alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre escenificaron a firma do convenio polo que o Concello cede unha parcela anexa e comprométese a prestar os servizos e suministros necesarios para a posta en funcionamiento do Centro de Saúde. Pola súa banda, a Consellería executará a obra de ampliación e se encargará da dotación de material e persoal.
Conselleiro e Alcaldesa presidiron a reunión celebrada este mediodía na sé da Consellería en Santiago. No encontro estiveron os concelleiros do grupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca Francés, invitados pola alcaldesa a formar parte da representación municipal en recoñecemento ó seu protagonismo na reivindicación desta mellora sanitaria. Pola banda da Consellería, Vázquez Almuiña estivo acompañado por Alberto Fuentes, secretario xeral técnico, e por Antonio Fernández Campa. Xerente do SERGAS.
A reunión foi producto de que o conselleiro de Sanidade atendera á queixa recente formulada polo Concello de O Porriño, por unha descortesía institucional por non ter recibida información alguna do Conselleiro nin do seu staff, sobre a licitación da redacción do proxecto comunicada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa.
Pola banda de EU Son do Porriño-Son en Común, Pedro Ocampo e Blanca Francés indicaron que este convite ao encontro “recoñece a nosa loita de case dous anos nas rúas, e de toda a lexislatura anterior a través de diversas iniciativas no Concello e no Parlamento de Galicia, onde o apoio de Eva Solla foi fundamental nas Comisións de Sanidade”.
Pedro e Blanca agradecen “o recoñecemento da Alcaldía do Porriño, pero imos seguir moi vixiantes, tanto dende o Concello como dende o Parlamento Galego, para que non quede todo en promesas electorais e estudos que ao final non chegan a nada. Os problemas do Centro de Saúde son unha realidade que sofre no día a día a veciñanza do Porriño. O que demandamos son tamén realidades que, cos prazos dos que fala o Conselleiro, non veríamos ata o 2021”.
Culminan as súas declaracións puntualizando que “cunhas eleccións polo medio e a experiencia de anteriores promesas incumpridas, estudos previos de meses e a confirmación do Conselleiro de que non se van reter os cartos necesarios nos Orzamentos de 2020, pouco máis hai que dicir. Así que imos seguir loitando pois este convenio e os pasos dados pola Consellería son a resposta á nosa constancia e ao apoio da veciñanza do Porriño”.