Este festival infantil que recolle actuacións musicais, deporte e maxia celebrarase os días 14 e 15 de setembro no Centro Cultural As Pedriñas, onde xa se atopan á venda as entradas
A pasada semana, tivo lugar na Sala Rebullón do Territorio Cultural As Pedriñas de Tameiga, Mos, a presentación oficial do IV Miúdo Fest –festival para persoas de mediana estatura-, que achegará os vindeiros sábado 14 e domingo 15 de setembro unha proposta musical especializada nos nen@s e que vai máis alá da aposta pola música feita na nosa lingua.
Coa presenza de presidente do centro cultural, Antonio Cajide; a deputada de Cultura, Victoria Alonso, o director do festival Cao de Mos; a deputada de Xuventude e Turismo Ana Laura Iglesias, e o creativo e xestor cultural, Roberto Pazó Bernárdez.
Nesta edición imos contar con bandas como A Gramola Gominola, con Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz, todos eles compoñentes de agrupacións coma Zenzar, De Vacas, Festicultores Troupe, entre outras. O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man. Unha auténtica banda de Rock’n Roll en galego para cativos. Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.
A Banda dos Insectos, proxecto deportivo e musical do Clube de Baloncesto Caselas, enfocado a tódolos nen@s amantes do baloncesto, no que a música rock e as letras baseadas neste marabilloso deporte mistúranse, buscando que @s xogadores se familiaricen coa linguaxe do basket mediante a música. O que comezou coma unha idea de evento para pechar a tempada, convertiuse nunha experiencia musical que levou a este clube deportivo a grabar as cancións nun estudio, e a facer un videoclip musical do tema “Pasando a bola”.
Unha das novidades de este ano é a inmersión ao xénero do reggae a través de Elephants Yard, que nos van acompañar coa súa proposta de “reggae miúdo”, un proxecto comunitario integrado principalmente por músicos e cantantes locais da contorna de Vigo, enfocado á composición, grabación e interpretación de ritmos reggae.
O mestre de ceremonias destas bandas será Antón Ke, ukelele-autor. Coñecido por amenizar festivais, terrazas e bares, có seu ukelele de batea. Ritmos furancheiros que beben do blues, o ska, a rumba, o reggae, ou a música tradicional. Todo acompañado do sabor dunhas letras cheas de retranca e contido, creando conciencia sobre temas como a natureza, ou a vida.
Comenzaremos o domingo a partir das 16:00 h coas actuacións ao aire libre do Mago Marco, ilusionista con grande tradición familiar no mundo artístico que nos achegará un espectáculo no que fai partícipe ao público a través da maxia e o humor. Tamén este mesmo día, contarase có que vai sendo unha tradición no Miúdo Fest: Ce Orquesta Pantasma, o home orquestra e a súa “Brincadeira Miudiña”, toda unha mostra de xoguetes tradicionais con obradoiros e xogos libres.
As entradas están á venda na oficina e cantina do Centro Social Cultural e Deportivo As Pedriñas.