Redacción 07/08/2019

Trátase dun marco na área de autocaravanas e das letras da palabra Tui na Oficina de Turismo

 

 

Dous novos soportes que promocionan a imaxe turística de Tui foron instalados nos últimos en dous puntos emblemáticos da cidade. O Concello de Tui, a través da concellería de Turismo, vén de incorporar estes dous elementos novidosos a promoción turística do municipio.

Por unha banda na área de autocaravanas, na rúa Martínez Padín, xunto a ponte do río Tripes, a carón do monumento o peregrino, foi colocado un marco metálico de cor branco do que sobresae a palabra Tui en vermello, sostido por dúas mans. Este marco está situado estratéxicamente para que as persoas que o desexen podan tomarse fotos dende ese lugar coa silueta da cidade coma fondo.

A antiga ponte do rio Tripes é un espazo que ofrece unha espléndida vista de Tui, resaltando a silueta da catedral , recortada contra o ceo e o casco antigo aos seus pés, polo que as fotografías tomadas desde ese punto son moi vistosas. Dende a Concellería de Turismo agardan que estas fotografías pronto comecen a circular nas redes, creando así un novo punto de atracción e promoción turística. Ademais desde este departamento porase en marcha en breve un concurso para as persoas que realicen fotografías neste emprazamento.

Por outra banda tres letras móbiles de gran tamaño en cor branco, que forman a palabra Tui, están colocadas na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad