Redacción 07/08/2019

O sábado día 31 os exteriores do Multiusos das Pozas acollerán a Holi Party e o Festival Moseando

 

Onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro de Mocidade, Leo Costas, e os tamén edís mosenses Begoña Toucedo, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, presentaron a HoliParty e o Festival Moseando, que terán lugar o vindeiro 31 de agosto.

Ambos eventos celebraranse na contorna do Multiusos das Pozas, a HoliParty a partir das 18.00 h e o Festival Mosendo a partir das 23.00 h. Os dous terán entrada libre e de balde.

Trátanse de dúas citas para a xuventude mosense promovidas e financiadas pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- e polo Xacobeo 2021; e organizadas polo Concello de Mos.

Para a HoliParty os participantes deben ir de branco. A festa estará amenizada musicalmente polos Dj’s Xoel Muñoz e Juanma López.

A multitudinaria festa dos pos de coreschega a Mos,onde todos os interesados poderán gozar da fusión da música e a cor nunha tarde moi especial. Os pos de cores voarán cubrindo aos asistentes e ás súas vestimentas brancas, inundando de colorido os exteriores do Multiusos.

A continuación, a partir das 23.00 h, chegará o Festival Moseando con Brokktt como cabeza de cartel. O seu verdadeiro nome é Carlos Lago, pero artísticamente coñéceselle como Brokktt Skinny Boy. Este artista empezou no rap underground fai catro anos e agora é un dos creadores emerxentes máis potentes do movemento trap en Galicia. Actuou en sitios como a Discoteca Anubis con intérpretes como KiddKeo, no Festival Perreo Party da Discoteca Queen, na discoteca Licuore de Tui, No Mariña Fest de Marín ou na Pool Party para blacklips en Vigo. “Pra Pum Pa“, canción na que colabora con Cristian Yennia e Alberto Malleiro, supera as 12.000 visitas tanto en Youtube como en Spotify.

Completan o cartel do Festival os Dj’s Traffic House, Enter, Gabri Domínguez e o mosense Fergwell.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad