Redacción 06/08/2019

Arévalo e Cebreiro reuníronse con Román Rodríguez na que foi a segunda da rolda de visitas iniciadas co goberno de Galicia

 

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nunha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou fai uns días cogoberno de Galicia.

Os temas tratados por Arévalo e Cebreiro co representante autonómico foron as necesidades a longo prazo por parte das asociacións culturais do Concello de Mos, a colaboración por parte da Xunta de Galicia coa programación cultural municipal, así como coa promoción do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade mosense, para telo perfectamente preparado e á altura do vindeiro Xacobeo 2021.

Por último, o conselleiro Román Rodríguez adquiriu coas representantes municipais o compromiso por parte da consellería de Cultura de apoiar económicamente á Fundación Pazo de Mos mediante a sinatura dun convenio para a mellora e o mantemento das instalacións do Pazo de Mos, complementario á obra que por parte da Fundación xa se atopana cometendo actualmente na súa contorna.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad