Redacción 03/08/2019

A Oficina do Catastro instou ao Concello a actualizala xa que a derradeira foi xa fai 34 anos

 

Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.

Segundo as explicacións de Baena, o Catastro advirte ó Concello de Porriño de que o retraso en revisar a ponencia de valores que está vixente dende 1985, “constitue un agravio comparativo cos outros concellos da provincia xa que existe a obriga legal de revisión cada cinco ou dez anos”. Durante estes 34 anos intentouse actualizar os valores catastrais no periódo 2003/2010 pero a proposta de revisión tumbouse por falla de apoio político pola maioría da corporación municipal.

Neste novo mandato, o equipo de goberno do Concello ante esta advertencia do Catastro convocará cando se reanude o novo curso político, á volta das vacacións, unha xuntanza de portavoces para trasladar este asunto ós voceiros dos restantes grupos municipais da corporación e procurar un consenso o máis amplo posible para afrontar a revisión catastral.

“Debería acometerse unha actualización dos valores catastrais que son os que se empregan para determinar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) tanto nas construccións urbanas como no rural así como nos polígonos industriais que non cotizan –agás no de As Gándaras- posto que resulta evidente que nestes 34 anos transcurridos Porriño medrou moítisimo tanto en poboación como en inmobles, particularmente nos asentamentos industriais existestes no termo municipal”, indicou a alcaldesa.

Nestas tres décadas transcorridas a poboación aumentou máis de 5.000 habitantes polo que Eva García engadiu que “a máis veciños no Porriño, hai máis demanda de servizos públicos pero acontece que a maior fonte de financiación do Concello que son os ingresos por impostos, de xeito sobranceiro polo IBI, está menoscabada pola falla de actualización do Catastro” explicou a alcaldesa.

A xuizo de Eva García “a situación máis rechamante dase nos polígonos de promoción industrial (PPI´s) que proliferaron nestas tres décadas e que non cotizan IBI e por tanto as empresas radicadas neles non contribuen ni cumpren co principio de igualdade”, engadiu Eva García de la Torre. Tamén suliñou Eva García “a necesidade de correxir situacións de agravio comparativo como a que se da, por exemplo, entre Torneiros, unha das zonas máis deprimidas do termo municipal onde os veciños están a pagar porcentualmente máis IBI que os veciños do centro de Porriño onde o valor de mercado das vivendas é indiscutiblemente moito maior”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad