Redacción 01/08/2019

Ocupará a parcela R-14 do Polígono Prado-Budiño nun solar de 4.661 m2 que alberga unha nave que ocupa 1927 m2

 

 

Lourdes Moure, alcaldesa accidental de Porriñofirmouhoxe a licenza de obra e comunicación previa de actividade para a futura estación loxística de “Amazon” para o noroeste que terá a súa sede nunha nave do polígono industrial de Prado-Budiño.

O proxecto e dirección de obra corresponde a Diego Patiño.A licenza outorgase a través da sociedade “Karekena” para reformar unha nave preexistente de 1927 m2 construídos dentro dunha superficie total de 4.661 m2 que ten o solar. Trátase da parcela R-14 do devandito polígono, na nave que anteriormente ocupou a firma “Arcelor”.

Por outra banda, o departamento de comunicación de “Amazon Logistics” reportou hoxe un resumo de prensa cos impactos que tivo a nova da chegada desta plataforma “on line” a O Porriño, co anuncio da estación de almacenaxe e reparto que está a montar.

A nova difundida polo Concello de Porriño e “Amazon” o pasado luns, refiriuse en 70 medios de comunicación galegos e nacionais, tanto escritas, audiovisuais como dixitais. Dende TVG, Cadena SER ou Cadena Cope, ata xornais nacionais como “El Pais”, “ABC” ou “Expansión” pasando por todos os rotativos da comunidade autónoma de Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad