Será na praza de San Fernando este venres ás 22.15 h
Forma parte do ciclo Cinema de Verán e da programación Verán na rúa do Concello
Este venres, 2 de agosto, temos unha nova cita co Cinema de Verán na praza de San Fernando. Ás 22.15 h proxectarase a película de “Small foot”. Trátase dunha aventura animada para todos os públicos dirixida por Karey Kirkpatrick, con música orixinal de Heitor Pereira.
“Smallfoot” dá un xiro á lenda de Bigfoot cando un Yeti novo e listo se atopa con algo que pensaba que non existía: un ser humano. Esta noticia traelle fama e a oportunidade de conseguir á moza dos seus soños. Tamén, provoca unha conmoción na sinxela comunidade de Yetis ao preguntarse que outras cousas poden existir máis aló da súa aldea nevada. É unha historia alegre sobre a amizade, o valor e a alegría do descubrimento.
O ciclo de Cinema de Verán, que forma parte da programación Verán na rúa, continuará o 14 de agosto coa proxección de “Teen Titans Go”.