Será este mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h dentro do ciclo Cinema de Verán
A praza de San Fernando acolle mañá a proxección da segunda película do ciclo “Cinema de Verán” que forma parte da programación “Verán na rúa” que organiza o Concello de Tui. A cita será ás 22.15 h coa proxección de “El regreso de Mary Poppins”.
A película dirixida por Rob Marshall está protagonizada por Emily Blunt e completan o reparto Lin-Manuel Miranda, Ben Whishaw, Emily Mortimer, Colin Firth, Meryl Streep, Angela Lansbury e Julie Walters. A película conta con nove cancións orixinais e un máxico percorrido polos lugares máis emblemáticos de Londres. O regreso de Mary Poppins é unha divertida e inspiradora película protagonizada por unha gran icona, Mary Poppins.
Despois de 24 anos da primeira visita de Mary Poppins, Michael Banks, o fillo dos Banks, ten agora a súa propia familia e traballa no mesmo banco que o seu pai e avó. Debido aos seus problemas económicos Michael loita por coidar do seu tres fillos, pero xusto cando a familia teme que as cousas empeoren, Mary Poppins volve ás súas vidas.
O ciclo de Cinema de Verán continuará no mes de agosto con dúas novas proxeccións “SmallFoot” (2 de agosto) e “Teen Titans Go” (14 de agosto)
Cinema de Verán “El regreso de Mary Poppins”
- Data: Mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h
- Lugar: Na Praza de San Fernando