Redacción 23/07/2019

O equipo mosense acadou grandes resultados na tempada en diversas categorías

Ferrón  despuntou na World Paralimpic Series de Berlín, competición de Natación Adaptada

 

 

Esta tarde celebrouse no Concello de Mos o acto de recepción a Juan Ferrón, do Club Natación Mos,que participou na WorldParalimpic Series de Berlín con excelentes resultados;e aosdemais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos -47 en total- pola boa tempada realizada. Ao acto para felicitar aos nadadores mosenses asistiron parte dos preto de 50 rapaces integrantes do equipo acompañados das súas familias, membros da directiva do Club Natación Mos, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes, e demais membros da Corporación Municipal.

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, (único representante galego na FEDC, Federación Española de Deportes para Cegos) participou o pasado mes de xuño na World Paralimpic Series de Berlín de Natación Adaptada, e logrou uns grandes resultados tanto por tempo como por puntuación.

Por outra banda os resultados máis destacados da tempada dos nadadores do Club Natación Mos en xeral foron os seguintes: 17 nadadores clasificados para os diversos Campionatos Galegos, 6° posto de 30 clubs na Liga Galega Infantil de Natación, 3° posto na Liga Provincial de Clubs de Natación, 12° clasificado de 31 na Liga Benxamín, 3 medallas no Trofeo Internacional Promesas do Lérez, 14 medallas no Trofeo Marismas de Redondela, 9 medallas no Trofeo Amizade, e 10 Medallas no Trofeo Codesal. Trátase duns resultados moi salientables nas diversas ligas e trofeos disputados nesta última tempada.

No caso concreto de Juan Ferrón, o pasado día 6 xuñonadou na capital alemana os 100 metros bolboreta na sesión matutina, ondelogrou o pase á final Youth na sesión vespertina, mellorando o tempo da mañá, cerca da súa MMP, sendo 3° por puntuación multidiscapacidade e 2° por tempo.

O día 7 xuñonadou os 100 metros Libres, cun tempo de 1,00,73 non logrou o pase á final, pero aproximouse á súamellor marca en piscina de 50 metros.

O día 8 de xuñonadou os 50 Libres firmando nas preliminares un tempo de 28:00.

O día 9 de xuñonadou os 50 metros bolboreta. Pola mañánadou en 29,57 logrando o pase á final Youth e na sesión vespertina logroumellorar o tempo da sesión matinal logrando ser 3° por puntos de multidiscapacidade pero 1° en marca e facendo MMP.

Así mesmo a fin de semana do 15 e 16 de xuño tanto Juan como o adestrador do Club Natación Mos, Alberto “Xouba” Pereira, viaxaron ata Tenerife para participar no Campionato de España por clubs de Natación, o Tenerife Top Training.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad