
A praza do Concello lembrou á María, asasinada onte a mans do seu marido de quen se estaba a divorciar
As condeas institucionais por este novo crime machista son unánimes en todo o territorio e na vila luguesa decretáronse 3 días de loito oficial
A alcaldesa do Porriño, Eva García, xunto con representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Porriño e veciñ@s, acudiron este mediodía á concentración de repulsa polo crime machista acontecido onte en Vilalba, onde se decretaron 3 días de loito oficial.
O acto celebrouse diante do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios onde se agardou un minuto de silencio para repudiar este segundo asasinato por violencia de xénero ocurrido no que vai de ano en Galicia.
A vítima, de nome María, tiña 48 anos e estaba en trámites de divorcio do seu esposo que a acoitelou e logo se aforcou, a pesares de terse decretada polo Xulgado unha orde de afastamento.
Ó longo deste ano 2019, 33 mulleres foron asasinadas, vítimas de violencia de xénero. Dende que hai cómputos, concretamente dende 2003, son 1.008 as mulleres que morreron a mans das súas parellas ou ex-parellas.