Redacción 08/07/2019

Formáronse na transformación dixital durante dúas xornadas celebradas na Axencia de Colocación de Mos

Algunha das participantes podería ser agora seleccionada para formar parte dun programa de mentoring en Madrid

 

 

A Axencia de Colocación acolleu a finais do pasado mes de xuño o programa Extraordinarias, adxudicado ao Concello de Mos, en concreto á concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.

Este programa, no que se inscribiron 13 mulleres mosenses, ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.

A formación foi presencial, e tivo unha duración de 6 h repartidas en dúas sesións.

O contido do taller foron competencias de marketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.

Complementouse con formación en liña para todas as participantes que o desexaron.

E ademais agora entre as participantes de toda España seleccionaranse ás 10 mellores iniciativas para ser parte dun programa de mentoring en procesos de transformación dixital en Zona from Facebook, en Madrid, así como apoio na súa expansión e sustentabilidade.

A formación en Mos realizouse na Axencia de Colocación -Avda Peinador, 39, Mos-, os días 25 e 26 de xuño, de 10:00 a 13:00 h.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad