Redacción 06/07/2019

Ademáis estanse a realizar obras nos vestiarios que estarán listos para o inicio da tempada o 25 de agosto 

 

 

Unha comitiva municipal formada pola alcaldesa Eva García, a concelleira Lourdes Moure e de Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello, visitaron as obras que a administración municipal está a costear nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio. 

Actualmente están a realizarse tarefas de pinchado para aireación do céspede e capa vexetal do campo de herba natural. As labouras continuarán nos próximos días para ter este campo nas mellores condicións posibles para a estrea do Pontellas en Terceira División, despois do seu flamante ascenso de categoría.

Pola mesma razón tamén están a realizarse traballos de limpeza e pintura dos vestiarios. A Liga en Terceira División arrincará o vindeiro 25 de agosto, segundo determinou a RFEF.

Estés traballos que se están a realizar foron acordados nun recente encontro celebrado na Alcaldía entre Eva García, Julio Bernárdez e directivos do C.D. Pontellas, encabezados pola súa presidenta, Marta Costas.

Durante esa reunión a alcaldesa recoñeceu á directiva do Pontellas  “a mói boa xestión que están realizar dende a parte administrativa do clube, que se plasma nos excelentes resultados deportivos en todas as categorías”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad