Redacción 04/07/2019

O centro de saúde queda sen pediatra no mes de xullo e tampouco se substitúe a un dos médicos de familia dos tres existentes

 

 

Na reunión celebrada, este luns 1 de xullo, entre o persoal do Centro de Saúde, o Alcalde e a Concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, identificáronse as deficiencias de persoal médico que afectarán a atención a pacientes durante todo o verán.

D@s tres médic@s cos que conta actualmente o cadro de persoal, só van prestar servizo dous del@s durante estes meses de verán, ao non ser substituído este persoal no seu período vacacional. Isto supón que as citas médicas van ser, como mínimo, duns 20 días a partir da súa petición.

Por outra banda, traerá como consecuencia que os veciñ@s van ser atendid@s por distintos facultativos que, ademáis, ocasiona un problema para ambas partes -descoñecemento da problemática do paciente e do seu historial, falla de seguimento na historia clínica, aumento de traballo no mesmo horario…-.

O servizo de Pediatría non será substituído no mes de Xullo, sendo derivado á A Cañiza, na dirección contraria ao lugar onde se atopa o hospital de referencia, Vigo, o que supón unha perda considerable de tempo no caso dunha urxencia e un total contrasentido.

O persoal do Sergas puntualizou nesta reunión que “Este problema non é puntual por ser época de vacacións, senón que se ven repetindo desde fai varios meses, cando se produce a ausencia dun facultativo por outros motivos coma a solicitude de días de Libre disposición, baixas,..”

O goberno municipal esixe do Sergas que se dote o Servizo médico cos medios suficientes para atender a nosa veciñanza -que se incrementa nesta época estival- para que teña un servizo de saúde pública axeitado e de calidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad