Redacción 02/07/2019

A rápida intervención de axentes da Policía Local do Porriño evitaron a extensión do lume no interior do local hostaleiro

 

 

Varios axentes da Policía Local do Porriño acudiron en axuda do propietario e persoal do Bar Restaurante “La Cueva”, na praza Arquitecto Antonio Palacios onde se declarou ás 13.48 h un lume no interior da cociña, que tivo a súa orixe nunha freidora.

Os axentes empregaron unha manta que mollaron con auga para sofocar as lapas ata a chegada dunha dotación do Parque Comarcal de Bombeiros de Porriño, que remataron de extinguir o lume e de ventilar o local do fume.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais agás unas lixeiras quemaduras que sufriu o propietario do establecemento das que fo atendido polo personal de Ermexencias Sanitarias que se desplazou. Os danos materiais terán que avaliarse.

Tanto o Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez -un dos axentes que interviron na extinción do sinistro- como os concelleiros Sergio Casal e David Alonso acudiron a interesarse polo sinistro e polos traballadores do local.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad