Redacción 26/06/2019

O equipo de Goberno do Concello de Salceda neste mandato 2019-2023 estará formado por 4 concelleiros de Movemento Salceda e 3 de Partido Socialista 

 

 

Tal como xa se adiantou tras o pleno de investidura a Alcadía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos.

As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito:

 

GRUPO

AREAS

RESPONSABLE

MS

Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos

Loli Castiñeira

MS

Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio

Alex Rodriguez

MS

Vías e Obras, Parques e Xardíns e ServizosMunicipais e Mobilidade

Miguel González

MS

Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo

Lucía Pereira

PSOE

Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación

Verónica Tourón

PSOE

Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado

Ángela Ledo

PSOE

Deportes, medio ambiente e medio rural

Rubén González

 

Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición:

Por un lado establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións. MS e PSdeG acordaron tamén sacar adiante en paralelo a RPT e o Convenio Colectivo.

Por outra banda o equipo de Goberno iniciará os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes. Asimesmo o pacto de goberno recolle a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020.

MS e PSOE asinaron este acordo, no que se reflexan moitos puntos entre os que se atopan as medidas anteriores e outras que se irán pondo en marcha ao longo da lexislatura, co obxetivo fundamental de crear un goberno forte, compacto, leal e que traballe en equipo, nunha situación de maioría que lles permita seguir co proceso de cambio e transformación de salceda iniciado no ano 2007.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad