Redacción 26/06/2019

Ademáis mantén a súa folla de ruta para a formación do Goberno Municipal

 

 

Eva García de la Torre expresou este serán a súa “confianza na Xustiza” e afirmou que a decisión da Audiencia Provincial coñecida hoxe “non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño.

A Sala Cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou a senteza que dictou o Xulgado Penal nº1 da capital que absolvía a Eva García dun presunto delito de falsedade en documento oficial pola denuncia duns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. “A Audiencia revoca esa sentenza ó entender que o Xulgado Penal non contemplou un presunto delito de deslealdade profesional que fora imputado pola Fiscalía contra mín durante a vista oral e polo tanto se retrotraen as actuacións ó Xulgado Penal para que o seu titular se pronuncie sobre ese suposto” explicou a propia afectada.

Eva García reiterou a súa confianza en acadar de novo unha sentenza absolutoria como xa acontecera no anterior xuizo y manifestou a súa confianza no Poder Xudicial. Por outra banda esclareceu que este feito xudicial “é alleo á miña actividade política polo tanto non afecta a miña condición de alcaldesa ni modificará a miña folla de ruta para rematar as negociacións e formar goberno municipal de progreso para Porriño”, segundo dixo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad