Hoxe tiveron lugar as dúas primeiras etapas das tres que alberga a proba con percorrido entre os concellos de Ponteareas, Mos e O Porriño
Esta fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da “Challenge Rías Baixas” que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23.
A proba, organizada polo club “Master da Louriña” cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e “master”, homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.
A Challenge consta de tres etapas:
– 1ª etapa denominada “Gran Premio Ponteareas” celebrouse este sábado, unha contra reloxo individual de 8 km que transcurríu polo parque de Avisoureira -en Guláns- pola mañá.
– 2ª etapa, celebrada ás 17.00 h, disputouse o “Gran Premio de Mos”, en liña, de 81 km.
– 3ª etapa será este domingo 23, a etapa final “Gran Premio do Porriño”, de 85 kilómets en liña. A saída neutralizada será a partir das 10,30, dende a Avenida Domingo Bueno. O pelotón partirá en dirección Tui pola estrada N-550. O final de etapa, previsto ó redor das 13.00 h será ante o Palco de San Benito, na rúa Manuel Rodríguez.
Tanto a Challenge Rías Baixas así como a recente Xarotos Gran Fondo, a outra proba que organiza Master da Louriña, movilizan en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converten Porriño no epicentro destes eventos.
Co gallo da presentación de ambas, celebrada hai días na praza do Concello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo manifestaba que “valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súa sensibilidade para co noso deporte”, sinalou Juan Carlos Múñiz, presidente federativo. Pola súa banda a alcaldesa Eva García manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, dinamización social e o ambiente que supoñen estes eventos deportivos para a hostelería e comercio de Porriño” que ademáis “volve a reinvidicase como O Concello do Deporte”.