Redacción 13/06/2019

Os nenos Marcos Pazos, Lois Ambrosio e Leire Lorenzo acadaron o primeiro, segundo e terceiro premios do concurso de rosas, respectivamente

 

Esta mañá celebráronse os actos centrais das Festas da Rosa na Praza do Concello de Mos, no que dende as 09:00 h e ata ás 11:00 h estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Ás 11.00 h oficiouse a Misa Solemne cantada pola Coral Ventos do Val, nunha eucaristía que se celebrou na igrexa de San Mamede de Petelos, sita na Praza do Concello; onde tiveron lugar os actos centrais da Festa da Rosa.

A lectura do Pregón chegou ás 12.00 h e correu a cargo da alpinista mosense natural da parroquia de Sanguiñeda e integrante da expedición polar feminina ‘Compromiso por la Tierra’,

Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron:

  • Premio á mellor presentación: Carmen Pérez
  • Premio ó mellor sabor: Constantino González Gómez
  • Premio ao maior tamaño: Panadería San Miguel

Mentres que os gañadores do concurso de rosas foron este ano tres cativos de moi curta idade:

  • 1º Premio: Marcos Pazos Reigosa
  • 2º Premio: Lois Ambrosio Collazo
  • 3º Premio: Leire Lorenzo Martínez

No seu discurso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceulles a súa participación a todos os concursantes nos concursos de empanadas de pan de millo e de rosas e salientou que “o amor polo noso pobo únenos a todos os mosenses no Día da Rosa para conmemorar a nosa historia e tradición, o noso emblema municipal que é a rosa, e para gozar da nosa gastronomía coa Exaltación da Empanada de Pan de Millo”; e centrou as súas palabras en “agradecer o labor de veciños, colectivos, administracións… todos/as os/as que fan posible a Festa da Rosa e que contribúen ademais durante todo o ano a que Mos sexa un municipio con identidade propia e territorio de oportunidades”.

Os actos matinais pecháronse cun concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso, que rematou tocando o Himno de Mos, ‘Alborada Camiño da Rosa’, autoría do gaiteiro mosense Xulio Lorenzo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad