Redacción 31/05/2019

Aínda que debería ser a 7ª edición, o pasado ano cancelouse a proba por mor da explosión pirotécnica de Paramos o atoparse Tui de loito pola traxedia 

 

 

Este xoves presentábase na praza Arquitecto Antonio Palacios o VI Triatlón Concello do Porriño, no que estiveron presentes a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre; o concelleiro de Deportes de Tui, Eduardo Freiría; o presidente da Federación Galega de Triatlón, Gonzalo Triunfo; o Comandante Naval do Miño en Tui, Ignacio Tobarra; así como mandos da Guardia Civil de Tráfico e da Policía Local do Porriño.

Nesta presentación tamén intervíu de madriña a ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampioa galega de BTT Master 40. Fora invitada polo Concello coa intención de render, na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Pola mesma razón, este ano, a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.

A proba deportiva celebrarase o vindeiro sábado 8 de xuño, cunha previsión de máis de 200 participantes, pois na actualidade xa constan 150 inscritos -inscripción aberta ata o vindeiro 4 de xuño-. O percorrido, de case 26 km, é o mesmo que o das pasadas edicións -natación de 750 m, no río Miño; tramo de bici de 20 km dende o embarcadoiro da Comandancia Naval do Miño en Tui, ata Avda. Domingo Bueno; e carreira a pé de 5 km con meta na praza Arquitecto Antonio Palacios-.

A alcaldesa de Porriño deu as grazas á organización, de xeito moi especial ós voluntarios dos colexios de educación especial Aceesca e ás Esclavas da Virxe Dolorosa e “particulamente aos participantes, polo voso esforzo e sacrificio e pola ambición de mellorar que, ao fin e ao cabo, é o que se aprende de facer deporte”, manifestou.

Pola súa banda o presidente da Federación Galega de Triatlón ponderou que “esta é unha das probas populares considerada entre as mellores, o que supón un mérito da organización”, sinalou Gonzalo Triunfo.

A madriña da proba, Ana María Gónzalez, animou “a todos e todas cantos o desexen a inscribirse e participar, hai que perderlle o medo e disfrutar dunha proba e das paisaxes polas que transcurre o percorrido”, dixo.

Ana María atópase nun punto álxido da súa tempada, a piques de competir de novo polo título autonómico no Campeonato Galego de BTT Master 40, que se celebrará o vindeiro domingo 2 de xuño en Lalín. Ó mesmo tempo está competindo no circuito de 5 probas da “Taça de Portugal”, onde gañou a celebrada en Estremoz e quedou segunda nas outras dúas. A ciclista porriñesa compite enrolada no equipo madrileño “Mito-X Sauce-Berria” e ven de ser galardoada pola Federación Galega de Ciclismo, polo recente subcampeonato de España feminino en BTT XCM Master 40. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad