O Programa Extraordinarias, para a dixitalización de mulleres empresarias no rural, impartirase os vindeiros 25 e 26 de xuño
Dende a Axencia de Colocación de Mos infórmase das accións que actualmente se están desenvolvendo en materia de novas tecnoloxías para que aquelas persoas interesadas en participar nas mesmas poidan inscribirse e facelo. Trátanse do Programa Extraordinarias e da Escola de Emprendemento Emprende Mos, entre outras.
Extraordinarias é un programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.
Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.
A formación é presencial, e ten unha duración de 6 horas repartidas en dúas sesións.
O contido do taller serán competencias de marketing dixital, designthinking, brandingdixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.
Compleméntase con formación en liña para todas as participantes que o desexen.
E ademais entre as participantes seleccionaranse ás 10 mellores iniciativas para ser parte dun programa de mentoring en procesos de transformación dixital en Zona from Facebook, en Madrid, así como apoio na súa expansión e sustentabilidade.
A formación está previstorealizala na Axencia de Colocación de Mos, (Avda Peinador, 39, Mos), os días 25 e 26 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas.
A Escola de Emprendemento Emprende Mos finaliza hoxe na que é a súa segunda edición, que deu comezo o pasado 22 de maio. O día 22 de maio iniciouse a II edición da Escola de Emprendemento de Mos – EmprendeMos. Na 1ª edición, celebrada no ano 2018, participaron máis de 14 emprendedores.
Sen embargo os mentores que desenvolven a Escola, que son Avelino Correa e Pablo Osorio, expertos en Start – Ups, seguirán desenvolvendo ao longo deste ano, todos os mércores, sesións de formación e mentoring, coa idea de apoiar ás persoas emprendedoras participantes na avaliación das súas ideas, e acompañalas na súa maduración.
Onte e hoxe, 23 e 24 de maio, EmprendeMos complementou esta formación con dúas sesións sobre como empezar a emprender e que datos sobre todo económicos se deben avaliar e ter en conta.
Todas as sesións se celebran en horario de 10:00 a 13:00 h. É necesario inscribirse en info@axenciadecolocacionmos.es ou ben na propia sede da Axencia de Colocación de Mos
Ademais, nestes meses de abril e maio realizouse a formación preparatoria para o exames da certificación Microsoft Office Specialist, que se realizaron os días 14 e 15 de maio. Como quedan aínda certificacións, propónse realizar nova formación e exames no mes de setembro.