Redacción 09/05/2019

Nesta colección destacan catro imaxes captadas no Porriño nos anos vinte

 

A Alcaldesa de O Porriño, Eva García, presidiu hoxe a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia»; que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.

“Como muller e como alcaldesa síntome moi orugullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo”, dixo Eva García na súa intervención.

A alcaldesa de Porriño valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, retraso e pobreza”. Nesa misma liña, Paloma Vela, en representación de AFundación sinalou que a mostra “presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte”. E salientou a capacidade de esa xoven neoiorquina “para aprender algo de galego e castelán o que lle facilitou aproximarse ás xentes e que incluso lle franquearán ó acceso as súas casas para reflectir con tanto coidado e empatía, a realidade da nosa terra”.

A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Hoxe coincidindo coa inauguración, unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, participaron da primeira visita guiada á mostra.

Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro, catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila; e unha delas, é a da portada do cartel anunciador, alcumada como “Método para carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño”, que foi sacada por Ruth Matilda Anderson -o 12 de septiembre de 1924- e serve ademáis, como imaxe do programa de mán da exposición.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad