Será ás 17.00 h no Teatro Municipal con Manuel Rodríguez, Vladimir Gudelj, Borja Oubiña e Brais Méndez
O R.C. Celta de Vigo cumpre este ano o seu 95º aniversario. Por este motivo durante as Festas de San Telmo vaise celebrar unha charla-coloquio en Tui. Será este luns, 29 de abril ás 17.00 h. no Teatro da Área Panorámica co título “R.C. Celta de Vigo… 95 anos a AFOUTEZA”. Nela farase un repaso por distintos momentos da historia celeste a través de futbolistas que marcaron ou van marcar unha época.
Estarán presentes no acto:
Manuel Rodríguez – Manolo “O gran Capitán”, futbolista con máis partidos vestindo a camiseta celeste, en 532 ocasións, dende 1967 ata 1982.
Vladimir Gudelj – o futbolista estranxeiro máis importante do R.C. Celta. Chegado na década dos 90, converteuse rapidamente na referencia goleadora do equipo. É o xogador que máis veces foi máximo goleador do equipo, 6, sendo nestes intres o 2ª máximo goleador histórico en tódalas categorías tras Hermidita con 94 tantos. A súa adaptación ó Celta e a Vigo foi tan grande que segue ligado o club coma Delegado do primeiro equipo.
Borja Oubiña – O maior talento ata a aparición de Iago Aspas, que deu a canteira Celeste. Da súa man, o Celta viviu a súa época máis gloriosa sendo subcampión de liga na tempada e xogando a liga de Campión por única vez. A súa calidade levouno a selección española onde debutaría o 2 de Setembro de 2006.
Tras un dos descensos do equipo, ficha polo Birminhgan City. No seu primeiro partido sufre unha grave lesión que o ten practicamente parado 3 anos. Volve para liderar o equipo, pero os seus continuos problemas físicos fan que se retire prematuramente con tan só 32anos
Brais Méndez, o xove centrocampista, é o presente e sobre todo o futuro do Celta. Ós seus 22 anos é un dos fixos no once celeste dende o seu debut no 2017. A súa calidade fixo que o seleccionador nacional Luís Enrique o chámase para un partido internacional. Debutou o 18 de Novembro nas Palmas de Gran Canaria antes Bosnia Herzegovina, anotando amais o único tanto do encontro.
A charla será moderada por Justi Peixoto, exlocutor do programa “Escoita Deporte” da Radio Municipal de Tui. A entrada é libre é gratuíta ata completar capacidade.