Un total de 120 participantes daranse cita este luns 29 no CEIP “Antonio Palacios” dende as 09.30 h
Dos dez centros de ensino da vila, 120 estudiantes de idades comprendidas entre 6 e 16 anos, participarán na terceira edición do Torneo de Xadrez Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro luns 29.
Este ano crrespóndelle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición, que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e CEIP Fernández López (2017).
As partidas comezarán ás 09.30 h e ao remate do torneo -estimado ó redor das 13.15 h- a alcaldesa de Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure presidirán a entrega de premios.
En palabras da alcaldesa “o Concello do Porriño apoia este torneo co propósito de potenciar as capacidades e valores do alumnado”.