A rúa Manuel Rodríguez que atravesa os barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián acollerán númerosos productos ecolóxicos
A alcaldesa de O Porriño, Eva García, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón e responsables da empresa “Ekohuerta” e da AVV San Benito e San Sebastián; presentaron hoxe, no Concello de Porriño, a séptima edición do Mercado de Primaveira que se vai celebrar o vindeiro sábado, 13 de abril, na rúa Manuel Rodríguez.
“Trátase dunha iniciativa que celebramos dende o Concello porque promociona a vida saudable, a conciliación co noso entorno e ademáis de ser unha actividade que contribúe á dinamización da vila de O Porriño. Para este goberno municipal é un pracer colaborar con vos, e temos que darvos as grazas porque iniciativas deste tipo dinamizan a vida social, comercial e cultural de Porriño”, subliñou García de la Torre.
Previamente Manuel Nieto, responsable de “Ekohuerta” explicou que o Mercado de Primaveira “aposta polo producto ecolóxico, sán e sostible” e indicou que no programa desta edición “imos facer un esforzo divulgativo entre os nenos cun taller de elaboración de pizzas artesás, para rapaces de 3 ata 15 anos, para que coñezan a comida saudable e respetuosa co entorno”.
Pola súa banda, a presidenta da AAVV San Benito e San Sebastián Carmen Rodríguez, agradeceu á alcaldesa “a colaboración que nos brinda o Concello de Porriño para manter este evento que, incluso a nós, sorprende que chegara xa á séptima edición”.