Redacción 09/04/2019

Estará impartida por profesionais da psicoloxía na Escola Infantil de Cototorrón 

 

 

A raíz dunha primeira charla de toma de contacto celebrada o mes pasado na Escola Infantil de Veigadaña, surxiu un ciclo de charlas de balde nas Escolas Infantís de Mos.

Naquel primeiro encontro entregóuselles aos pais e nais asistentes unha enquisa para recoller cales eran os temas que máis lles interesaban e da que se extraeu a temática das vindeiras charlas.

Este ciclo, organizado pola concellería de Política Social do Concello de Mos e impartido pola mosense Clínica de Psicoloxía Entropía, contará coa súa próxima sesión o vindeiro venres 12 de abrilás 18.00 h na Escola Infantil de Cototorrón.

Vai dirixida a nais e pais de nen@s de 0 a 3 anos e versará sobre rabechas e enfados. 

As profesionais da clínica Entropía debaterán cos pais asistentes sobre enfados, pelexas, mordiscos, pataletas…

As ponentes compartirán tamén co público presente algunhas nocións, prácticas e técnicas para que lles sexan de axuda neste tipo de situacións con menores de 0 a 3 anos de idade.

Para máis información @s interesad@s poden poñerse en contacto con algunha das tres Escolas Infantís de Mos. Escola Infantil de Porteliña: 986337184, EscolaInfantil de Cototorrón: 986190998 e Escola Infantil de Veigadaña: 670380196.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad