
Este martes ás 19.30 h no Centro Cultural Municipal intervirá o profesor Xosé Álvarez abordando o “Ensino na II República”
O Concello de Porriño colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Mino, Louriña e Salceda que ó longo destes días está a desenrolar a II Semana da Memoria.
Os actos comezaron o sábado 6 cunha charla no Centro de Guláns, en Tomiño, continuando este luns en A Guarda e chegarán hoxe martes a Porriño, ao Centro Cultural Municipal a partir das 19.30 h, coa intervención do profesor Xosé Alvarez, que será presentado por Raúl Francés, e falará do “Ensino na II República”.
O mércores 10, en Salceda na Casa da Cultura Castelao ás 20.00 h Xosé Ramón Pousa achega o libro “A fuga do forte de San Cristóbal”. O xoves 11, tamén ás 20.00 h no Balneario de Caldelas de Tui, presentación do libro de Fernando Salgado, “1.306/36”.
Novamente o venres 12 voltan a Salceda, esta vez no auditorio municipal para a presentación do libro de Quico Paz Antón, “Salceda de Caselas Republicana-1936”.
Os actos finais desta II Semana da Memoria Histórica chegan ata o fin de semana, pois o sábado tera lugar a lembranza dos fusilados que se vai celebrar en Tebra, Tomiño; e o domingo 14, na conmemoración da data da proclamación da II República, un acto que terá lugar en A Volta da Moura, en Tui.