Redacción 20/03/2019

Tras 37 anos de prestar servizo na Policía Local do Porriño, Florencio Porto chega a súa merecida xubilación

 

 

Rodeado da súa familia, compañeiros e amigos máis próximos, Porto celebrou na noite do luns a súa xubilación no Centro cultural de Guláns, cerrando así a súa vida laboral para pasar a outra etapa máis que merecida.

Florencio Porto, comezou a traballar como Policía Local do Porriño no ano 1982, e dende entón, formou parte da plantilla municipal deixando atrás o seu anterior emprego como profesor de autoescuela.

Nestes 37 anos ao servizo da Policía Local do Porriño, ocupou os cargos de axente, cabo e xefe na comisaría. Ao longo deste traxecto, Florencio Porto pasou duros momentos persoais dos que soubo sobrepoñerse con grande fortaleza, así coma perdas de compañeiros moi achegados, coma Severino Pino.

Máis de cen persoas arrouparon a Porto nunha despedida, na que os presentes lle recoñeceron a súa colaboración, como a Guardia Civil, que eloxiou a súa participación na resolución de sucesos.

Os seus compañeiros, tamén lle adicaron unhas palabras de agarimo e respeto ao que, para moitos, foi un gran apoio nos seus inicios como policías; así como para o seu fillo Cándido, tamen axente na Xefatura da Policía Local do Porriño.

Agora, Porto de seguro que seguirá dando guerra, pero de outro modo; o que non mudará é o seu interés en seguir velando polas persoas.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad