
Será mañá martes ás 19.30 h no Centro Cultural Municipal da mán de Leire Pajín, Carmen Avendaño e Carla Reyes
Este martes 12 de marzo, dentro da programación “As Mulleres fan Porriño”, prevista polo Concello do Porriño con motivo do 8M, ofrécese un interesante debate sobre o papel actual das mulleres da man da ex ministra de Sanidade e Igualdade, Leire Pajín,; da presidenta da Fundación Érguete, Carmen Avendaño e da presidenta da asociación “Executivas Galicia”, Carla Reyes.
Leire Pajín preside actualmente REDS -Rede Española para el Desarrollo Sostenible- Ten relatado que na súa ampla carreira en cargos públicos, especialmente cando foi ministra do Goberno de Rodríguez Zapatero, tivo que soportar ataques machistas de diversos políticos da oposición coma León de la Riva, quen fora alcalde de Valladolid.
Carmen Avendaño, sobranceira activista social, nai contra as drogas e alma mater da asociación “Érguete”, ten sufrido moitos vilipendios dos capos do narcotráfico contra os que ten batallado tantos anos.
Carla Reyes, xornalista colaboradora en diversos medios informativos, preside hai cinco anos a asociación “Executivas Galicia”; dende onde mantén un activismo baseado en que as mulleres acaden a sua independencia económica, defendendo os intereses das mulleres directivas de empresas en Galicia.
Esta interesante cita será ás 19.30 h no Centro Cultural Municipal do Porriño.