
A inscrición ten un custe de 5 € que se doarán ás comunidades integrantes da plataforma para contribuir á defensa do monte
O vindeiro domingo 10, a Plataforma Auga é Vida -integrada polas Comunidades de Traídas de Augas de Petelos-Tameiga, de Casal-Tameiga, de Monte Baxiña e de Sanguiñeda mais a Comunidade de Montes de Tameiga- convoca unha andaina polos montes desta última con saída ás 10:30h dende a área de lecer do Centro Deportivo, Social e Cultural As Pedriñas, que será tamén o lugar de retorno no que ademais teremos unha churrascada agardando.
O roteiro ten unha lonxitude de 8 km de dificultade media cunha duración estimada de duas horas e media. Na metade do percorrido entregaráse unha mochila con auga e froita como
avituallamento. Na andaina atravesaranse os montes que están ameazados polo proxecto do Macro Centro Comercial; e poderemos apreciar todo o valor que aporta o monte a nosa vida.
Con esta andaina solidaria pretendemos que non se esqueza o despropósito que queren facer os promotores do Macro Centro Comercial arrasando os nosos montes e tamén recabar fondos coa solidariedade d@s veciñ@s que participen na andaina, xa que a loita contra este proxecto está obrigando ás comunidades a uns gastos extraordinarios para defender o monte e as augas deste atentado ecolóxico.
Por iso participar no roteiro terá unha doazón asociada de 5 € e a churrascada con chourizo e viño terá un custe de 8 € por persoa. Para participar no ruteiro é suficiente con reservar unha hora antes, pero para a churrascada hai que facelo antes do xoves 7 no Centro Cultural As Pedriñas -tlf. 986 487 958-.