Redacción 21/02/2019

Un total de 131 xogadores das categorías sub 11 e sénior participaron a pasada fin de semana no Complexo Deportivo Álvaro Pino

 

Esta fin de semana celebrouse o Campionato de Bádminton sub 11 e sénior no Complexo Deportivo Álvaro Pino a cuxo acto de entrega de premios asistiron a deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, a 1ª tenente de alcalde, Chus Garrote, o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e o Presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo. Do mesmo xeito, en representación do Club anfitrión tamén o seu director técnico Victor Lemos, e por parte do Club Escola Rosalia de Vigo o seu presidente e técnico Jesus Gòmez.

No acto, a 1ª Tenente de alcalde, Chus Garrote, aproveitou a ocasión para felicitar aos organizadores, e en especial, ao Club Bádminton Ponteareas, anfitrión do torneo. “Felicitamos á organización pola seu traballo, tanto neste torneo como durante todo o ano. É de destacar o bo momento que vive o bádminton na vila, cun número moi elevado de fichas, e iso so é posible pola boa labor de Víctor Lemos e de toda a directiva da entidade”.

Do mesmo xeito, tamén sinalou que o Concello seguirá apoindo a este deporte para que siga medrando. “Dende o Concello de Ponteareas seguiremos apoiando ao bádminton para que siga sendo un referente da vila. Tivemos claro dende un principio que debemos facer un maior esforzo por apoiar aos deportes minorizados e seguiremos nesa mesma liña”.

O Presidente da Federación, Rodrigo Sanjurjo, pola súa parte, tivo unhas emotivas palabras para o gran ausente do Campionato, José Luís Gomez Llamas, pero ao que a bo seguro esperan en próximas citas.

No torneo participaron 131 xogadores procedentes de toda a xeografía de Galicia que disputaron un total de 32 probas repartidas entre as modalidades de individual masculino, individual feminino, dobres masculino, dobres feminino e dobres mixto. 

A proba estivo controlada pola Federación Galega e Española de Bádminton sendo o xuíz árbitro o catalán Francesc Pi acompañado de dous árbitros nacionais.

Do CB As Neves, Adrián Rodríguez culminaba con 2 ouros, un en Individual Masculino e outro en Dobres sub11 -facendo parella con Aron Durán do CB A Estrada-. Iker Otero e Rodrigo Álvarez acadaban un broce en dobres sub11.

Do Club Bádminton Tui, Marisa Giráldez voltaba con 2medallas, prata na súa categoría Senior individual e bronce en dobles mixtos xunto a Julio Fernández do Athlos.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad