Redacción 12/02/2019

As opinións do grupo da oposición con respecto da Comunidade de Montes de Pereiras e o Macro Proxecto do Celta

 

 

Dende GañaMos, expresan mediante unha nota pública, as súas desculpas á Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Pereiras “polas opinións verquidas por nós e que en reunión con eles nos aclararon que a situación distaba moito do que nós entendíamos. Aínda que os membros de dita Xunta Rectiora aceptaron en privado as nosas excusas e quedaron así satisfeitos, queremos facer pública a nosa rectificación, xa que públicos foron os nosos comentarios”.

A Asamblea Aberta que celebrada en Pereiras, asistiron varios membros da Comunidade de Montes, quen lles transmitiu “o seu malestar con nos por un comunicado noso no que tildábamos de mediatizada polos intereses do Partido Popular á Xunta Rectora de dita Comunidade, e que as nosas declaracións estaban moi alonxadas da realidade, xa que eles non se posicionaban a favor do Macro Proxecto de Arévalo e Mouriño, tal como se está anunciando”.

“Nós, ao igual que o fixemos na devandita asemblea, reiteramos as nosas desculpas facéndoas públicas mediante esta nota de prensa e, ao mesmo tempo, queremos expresar a nosa satisfacción ao saber que Pereiras non bendice o proxecto tal e como se está anunciando polo goberno municipal de Arévalo; senón que polo que entendimos teñen unha posición moi crítica con todo o sucedido”, explican dende GañaMos.

“Non queremos extendernos nos detalles de todo o que se falou contra o Macro Proxecto porque non queremos crear malentendidos e ademais o propósito deste comunicado non é ese senón facer públicas as nosas desculpas, ante a errónea imputación e a nosa satisfacción ao saber que a Directiva de Pereiras, non está adocenada polos impulsores do pelotazo urbanístico”.

O grupo da oposición mosenseQueremos ademais facer un acto de contrición público porque no fragor da contenda cos promotores do pelotazo urbanístico utilizamos as súas mesmas artimañas que tanto denostamos, a semellanza deles vulneramos a soberanía dunha comunidade cualificando a súa directiva segundo a nosa conveniencia, nun acto de inxerencia totalmente reprobable. Dende GañaMos non podemos caer nesta falla de respeto ás directivas das comunidades, que a miudo vemos cometer ao Goberno Municipal contra as mesmas e colectivos que non acatan os seus designios.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad