Redacción 30/01/2019

O partido da oposición afirma que no Pleno Ordinario de xaneiro -celebrado este luns 28- o PP de Mos presentou unha moción idéntica a que GañaMos presentara fai casi 3 anos

 

 

O grupo GañaMos rematou o largo Pleno que tivo lugar este luns con bastante desconcerto, pois Partido Popular de Mos tivo a pouca vergoña de presentar no pleno deste luns 28 de xaneiro unha moción identica á que GañaMós presentou hai case 3 anos e que no seu día vetouna e rexeitou debatila no pleno.

Como nós non xogamos a votar unha cousa ou outra dependendo de quen goberna en Madrid, no pleno apoiamos esta moción para mellorar a seguridade peonil no nó de Amieirolongo, por onde a demáis transitan os pelegríns do Camiño de Santiago.

Cando rexistramos a moción hai case 3 anos, o Partido Popular alegou, para vetala e non deixar que fora ao pleno, que non era necesario ningunha actuación porque xa tiñan en marcha unha maravillosa pasarela peonil que ía resolver todos os problemas. Chegaron incluso a anunciar que xa estaba o proxecto realizado e que estaría en servizo en 2018. Pois ben, tres anos despois está demostrado que unha vez máis venderon fume ós veciñ@s.

No pleno deste luns chegaron ao extremo de botarlle a culpa ao actual goberno de que non este feita xa a pasarela, cando o certo é que os vixentes orzamentos de 2018 foron feitos e aprobados polo Goberno de Rajoy e neles non se contempla ningunha partida para a realización de dita pasarela. Nin está a pasarela, nin se lle espera, nin esta ía resolver todos os problemas de mobilidad; pois esta actuación non resolvería a problemática da rotonda do acceso ao Aki e Mercadona.

 

 – Moción de GañaMós para a mellora da seguridade vial na rotonda do Mercadona (Ameirolongo)

12 Octubre, 2016

Non pasa inadvertido para calquera  persoa  xa  viaxe en coche ou vaia camiñando, que ha unha eiva de seguridade vial na rotonda que encontramos na N-550 saíndo dende O Porriño hacia Redondela, unha raqueta onde hai  dúas entradas e dúas saídas da autovía rias baixas que se xuntan con entrada e saída do hiper mercado Mercadona e a tenda de bricolaxe-xardineria AKI…

…solicitamoslle ao  equipo de goberno do concello que se poña en contato con fomento e esixa a subsanación de estas eivas en seguridade e humanize  a raqueta que une a N-550 coa autovía.

https://asembleavecinalmosense.com/2016/10/12/mocion-para-a-mellora-da-seguridade-vial-na-rotonda-do-mercadona-ameirolongo/

 

– Fomento construirá una pasarela para evitar que los peregrinos crucen la N-550 en Amieirolongo

La inversión será de 130.000 euros -El proyecto ya está acabado y cuenta con el visto bueno de la Dirección Xeral de Patrimonio

Mos 16.11.2016

https://www.farodevigo.es/comarcas/2016/11/16/fomento-construira-pasarela-evitar-peregrinos/1570673.html

 

– Los peregrinos estrenarán una pasarela elevada el próximo año en el nudo de Amieirolongo

El proyecto de mejora de seguridad vial en este punto del Camino en Mos lleva aprobado más de un año -El objetivo es evitar la N-550

Mos 29.12.2017 |

La construcción de una pasarela peatonal elevada para sortear el cruce de Amieirolongo en Mos se llevará a cabo en 2018. Así lo confirmaba esta semana a FARO la concejala de Cultura y Turismo, Sara Cebreiro, que señalaba esta como una de las medidas de mejora en el tramo del Camino de Santiago a su paso por el municipio mosense.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2017/12/29/peregrinos-estrenaran-pasarela-elevada-proximo/1811177.html#

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad