Redacción 28/01/2019

A “Muiñada de Outono” foi a tapa gañadora consitente nunha lasaña de chourizos e castañas que acadou unha puntuación media de 9, 49

 

A Concellería de Comercio, Hostelería e Consumo, que dirixe Inés Vidal, entregou o galardón ao establecemento responsable da tapa gañadora da terceira edición de “Bocados de Outono”.

Cunha puntuación media  de 9,49 puntos a tapa de “Muiñada de Outono” resultou a gañadora desta edición de  “Bocados de Outono” ao conquistar o paladar do público participante.

Deste xeito, Rocío Quintas responsable da tapería O Muíño e creadora da tapa gañadora recibiron da man da Concelleira de comercio o galardón que recoñece o seu esforzo e bo facer. 

Esta orixinal lasaña de chourizo e castañas soubo facerse co paladar dos e das participantes.

Dende O Muíño animan ao resto da hostalería ponteareá a participar en vindeiras edicións. “Agradecemos a confianza da clientela que valorou positivamente a nosa proposta culinaria e convidamos ao resto da hostalería a sumarse a Bocados de Outono”.

“Agradecemos, un ano máis, ao público o seu apoio e dámoslle as grazas por participar neste roteiro gastronómico que medra en número de días e de participantes, consolidándose como unha cita fixa na axenda de todos os veciños e veciñas da área metropolitana”.

Inés Vidal fai un balance moi positivo desta última edición, enmarcada na programación da Feira de Outono, que vendeu preto de 5.000 tapas e pinchos despertando o interés dos visitantes na gastronomía de Ponteareas.

Vidal adianta que estudará coa hostalería de Ponteareas a organización de novos roteiros gastronómicos en distintas tempadas do ano.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad