Redacción 22/01/2019

Está programada a contratación en períodos que van de 3 a 10 meses e, na meirande parte dos casos, en xornadas de traballo completas

 

Coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “o noso obxectivo é, coma viñemos facendo dende o inicio do mandato, que ese emprego sexa cada vez de maior calidade, coa mellora nas condicións laborais e o tempo de contratación máis amplo posible”.

No que vai desde ano, o Concello xa contratou, con cargo aos seus propios fondos, a 2 limpador@s para edificios e locais; tamén de partidas municipais está previsto contratar a un@ condutor de camión, con permiso C+E, por un período de 10 meses e cun horario de 35 horas semanas; coas mesmas condicións, un oficial de obras, un oficial de xardinería e un bibliotecari@ que traballaría 10 meses a xornada completa.

Outras 23 persoas que cubrirán distintos postos serán contratadas contando coas achegas que reciba o Concello doutras administración, principalmente a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

As mesmas cubriran 4 postos de peóns de obras, por un período de entre 9 e 10 meses, en xornada completa; 2 empregos de fontaneir@s, durante 7 meses e tamén a xornada completa; 8 peóns forestais, entre 9 e 10 meses, a xornada completa; 1 condutor ou operador de maquinaria, por un total de 10 meses e xornada completa; 2 peóns de limpeza, por un período de 6 meses; 1 ordenanza/bedel, durante 10 meses a xornada completa; 2 socorristas para as piscinas municipais, 3 meses, xornada completa e, nas mesas condicións e polo mesmo tempo, 3 condutores de motobomba.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad