Redacción 10/01/2019

Dende este xoves e ata o 30 de xaneiro poderase contemplar as imaxes deste 12º certame no que participaron 13 moz@s

 

 

A OMIX do Concello do Porriño expón, dende este xoves e ata o 30 de xaneiro na planta baixa do Centro Cultural Municipal, a Exposición de fotografía “Viaxando” que mostra os traballos presentados ao 12º Certame de fotografía do mesmo nome.

Este Certame, que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía, foi creado no ano 2007 polas Oficinas de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos do Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar, O Porriño e o Espazo Xove de Tui, dentro do traballo en rede que veñen realizando ao longo destes anos.

Participaron un total de 13 mozos de idades comprendidas entre os 12 a 30 anos e o ano pasado o gañador, unha vez reunido o xurado, foi Sergio Lorenzo Ares pola súa foto“ Comeza a Viaxe”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad