Redacción 04/01/2019

Ponteareas prepárase para acoller a chegada dos Magos de Oriente que repartirán maxia e ilusión este sábado día 5 a partir das 17.00 h

 

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, informa que ás 12.00 h do sábado, os Magos de Oriente estarán na Casa do Concello para saudar a todos os presentes e ser recibidos polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; e xa ás 16:30 h darase paso á festa coa animación, que encherá de ledicia as rúas e prazas do centro urbano. Tremiñado, os Ranchos de Reis, a Rondalla do Centro Cultural de Valladares e os performance de Pablo Méndez, serán algúns dos ingredientes desta tarde festiva, na que tamén colaborarán a Asociación Cultural Clásicos e Históricos do Condado, lucindo os seus fermosos vehículos; e o Club Ciclista Ponteareas, que se porá ao servizo dos Magos de Oriente.

A saída do desfile dos Magos de Oriente será como de costume dende o CEIP Fermín Bouz Brey ás 17.00 h hacia a rúa Rosalía de Castro, pasando pola Casa do Concello e continuando polas rúas Constitución, Oriente, Praza Maior, Arxentina, Fernández de la Vega, Reveriano Soutullo, de novo Constitución, Praza Maior, Esperanza e Morales Hidalgo; para rematar no auditorio municipal donde todas @s pequen@s, recibirán da man dos Magos de Oriente un agasallo.

Unha vez completado o aforo as familias irán entrando cada vinte minutos para que ningún dos cativos e cativas de Ponteareas quede sen o seu agasallo de Nadal.

Ao longo do seu percorrido os Magos de Oriente repartirán máis de 3.000 kg de caramelos sen glúten. O Concello quere agradecer a colaboración das comunidades de montes e dos ranchos de Reis de Forzara, Guláns e os Muíños de Oliveira, da Asociación de Coches clásicos de Ponteareas, da banda de gaitas Tremiñado, da rondalla e dos voluntarios en xeral que acompañarán este séquito real que irá franqueado de bonecos articulados, entre outras sorpresas.

A Concellería de Seguridade Cidadá desplegará aos seus efectivos, Polícia Local, Bombeiros e Protección Civil, que velarán polo bo desenvolvemento da actividade festiva.

O tren da ilusión invadirá ás rúas do centro urbano e tamén as parroquias para repartir maxia e sorrisos. Dende a praza Bugallal o tren da ilusión sairá ás 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 18:30 e 19:15 horas para percorrer coa súa ledicia as rúas do centro urbano. 

Pola tarde, a partir das 16.00 h, sairá dende o barrio de Valverde de Santiago de Oliveira para visitar San Lourenzo de Oliveira; ás 16:40 h percorrerá Celeiros, sendo o punto de partida o torreiro das festas; e ás 17:15 h, tamén dende o torreiro de Guillade, arrincará unha nova ruta.

O domingo día 6 o tren da ilusión volverá ás parroquias con distintos puntos de saída: ás 10:20 h, dende o centro cultural de Moreira; ás 11.00 h, dende o centro cultural de Cristiñade; ás 11:45 h, dende o centro cultural de Guláns; e ás 16.00 h, dende o centro cultural de Fozara, para continuar cun novo punto de partida ás 17:00 h na Capela de San Francisco en As Cortellas -acompañará o Rancho de Reis pola parroquia-; e ás 17:30 h, no torreiro de Padróns. 

Este ano, por primeira vez, a Concellería de Cultura en colaboración coas casas e centros culturais, ampliou a programación tamén as parroquias: Luces, maxia, teatro, canto coral e o Tren da Ilusión, visitan as parroquias de Ponteareas, nun afán de extender a programación cultural ao conxunto do municipio.

Como novidade, tamén haberá o domingo día 6, Cabalgata dos Magos de Oriente en Areas a partir das 10:30 h; e no centro cultural de Xinzo, a partir das 16:30 h. Ás 18.00 h, os Bolechas visitarán o auditorio municipal de Ponteareas para despedir con todos os pequen@s de Ponteareas o Nadal.

Ademais, o domingo tamén actuará o Rancho de Reis de Guláns ás 12:30 horas no centro cultural e ás 18:30 horas o Rancho de Reis das Cortellas deleitará a todos e todas os que se acheguen a este barrio de Padróns.

O equipo de goberno convida a todas as familias a asistir e participar nos actos festivos que arrincan ás 16.30 h da tarde con animación de rúa e música. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad