Redacción 17/12/2018

A Concellería de Igualdade organiza estas xornadas seguindo a liña de actuación do 3º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades

Terán lugar o 29 de decembro ás 17.00 h no Centro Cultural Municipal

 

O Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, colabora no desenvolvemento dunhas xornadas sobre crecemento persoal, que se celebrarán o vindeiro sábado 29 de decembro, no Centro Cultural municipal ás 17.00 h. Abordarase unha temática actual e importante como é o coidado do benestar individual, dando a coñecer as ferramentas necesarias para facer unha boa xestión das súas emocións e sintomatoloxía.

“O Concello sempre apostou, e seguirá nesta liña, por mellorar na medida do posible a vida diaria dos seus cidadáns,neste caso abordando, as súas circunstancias emocionais, e seguindo a liña de actuación contemplada no III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades” afirma a concelleira.

O obxectivo principal das xornadas é colaborar na cobertura das necesidades básicas dos veciños e veciñas do Porriño. A participación dos poñentes é totalmente altruísta e todos e todas eles e elas non dubidaron en participar no proxecto.

Prégase que os asistentes traian un produto perecedoiro ou non; principalmente pensando nos máis pequenos como leite, galletas, cacao ou sucedáneos. Finalizada a xornada, o recadado entregaráselle ao Banco de Alimentos ou ao organismo que o mesmo Concello indique, ao fin de que dende alí se faga o reparto entre as familias máis necesitadas.

A presentación correrá a cargo da concelleira de Igualdade, Soledad Girón e como moderador,José Luis Carnicero Carrera, nas seguintes intervencións:

– “A propósito do amor en parella” a cargo de Manuel Conde, con formación en Intelixencia emocional e PNL pola Universidade de Camilo José; ademáis é socio fundador do proxecto “Falla con éxito” e director-fundador da Editorial Supérate.

– “Reiki, el viaje interior” por Susana Míguez Silva, Licenciada en Filoloxía Hispánica, terapeuta e mestra de Reiki.

– “1,2,3 Despierta”, por Mónica Martínez, coach especializada en superación de medos.

– “Unha forma diferente de comunicar” a cargo de Javier Cebereiros, Doutor en comunicación.

– “Sueña y gana” por David Huerga Hierro, xogador profesional de Póker, emprendedor e inversor, viaxeiro, aventureiro, aprendiz, apaixoado da vida.

– “Da medicación á reflexión” por Stella Maris Méndez, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria; Coach especializada en Xestión de estrés laboral crónico e prevención de Burnout en persoal Sanitario.

– “O reto de superar o imposible” por María José Freire, Educadora Social especializada en Intelixencia Emocional; Licenciada en Ciencias do Traballo; Diplomada en Empresas e Actividades Turísticas; formadora especializada en desenrolo e superación persoal; e docente voluntaria en colaboración con diversas ONG´S.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad