O Concello promove a alimentación saudable entre os cativos do municipio cun obradoiro de cociña nos colexios
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, compartiron con alumn@s de 3º de Primaria do CEIP de Petelos un obradorio de cociña promovido polo Concello de Mos no que os cativ@s participantes recibiron consellos sobre cociña e alimentación saudable.
Con este taller preténdese transmitir aos nen@s, e indirectamente ás súas familias, receitas saudables. Ademais de ensinarlles a cociñalas para que poidan facelas cos seus pais e nais na casa, incrementando un coñecemento nos máis pequenos sobre estilos de vida saudable e saberes culinarios.
Aprovéitase deste xeito por parte do Concello o mes de decembro e a aproximación ás festas de Nadal para realizar un obradoiro de cociña típica destas datas.
Os obxectivos desta iniciativa son promover unha alimentación saudable a través de elaboracións sinxelas de cociña, espertar o interese pola cociña para poder desenrolar distintos aprendizaxes, aplicar coñecementos matemáticos e lingüísticos para a elaboración de receitas, desenrolar os diferentes sentidos para facer un prato típico do Nadal, promocionar unha alimentación saudable, promocionar o interese pola cociña e a alimentación sa nos cativos, aplicar dos coñecementos de medida e peso e o uso da lingua para elaborar unha receita e aprender a utilizar tódolos sentidos para cociñar, vista, tacto, cheiro e gusto.
“Esta actividade está dirixida ao alumnado de 3º de Educación Primaria xa que consideramos que é necesario que aprendan, dende cativos, bos hábitos de alimentación e xa teñen unha idade para axudar as súas familias e elaborar receitas sinxelas”, explicou o concelleiro de Educación, Camilo Augusto.
O curso de cociña lévase a cabo nunha sesión onde o alumnado elabora un doce típico do Nadal. Explícase a importancia de levar unha alimentación saudable, alimentos que debemos consumir máis e cales menos e que tamén pódense consumir doces, pero son mellor se os facemos nós na casa. Unha vez chegados a este punto, preparan os diferentes ingredientes e van seguindo a receita para a elaboración do prato.
A actividade impartiuse do 10 ao 13 de decembro nos colexios de Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Pena de Francia, Petelos e Atín-Cela, entre o alumnado de 3º curso de Educación Primaria.