Os interesados en colaborar poden comprarlle a un dos 58 cativos beneficiarios desta iniciativa, un dos agasallos que pediron para Reis a través da web do Concello
Hoxe presentouse a campaña municipal solidaria, Mos Axuda no Nadal, no salón de sesións do Concello de Mos, no que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro; o presidente de AEMOS, Manuel Castro Álvarez; e demais membros da directiva de AEMOS, así como representantes das empresas colaboradoras na campaña de recollida de alimentos e xoguetes, voluntari@s de Mos Axuda e de Protección Civil e demais membros do equipo de goberno local.
Mos Axuda no Nadal é unha iniciativa solidaria promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, entre o seu tecido empresarial asociado, para que ningún desexo dun neno este Nadal quede sen facerse realidade.
Os interesados en colaborar con esta campaña poden mercar o seu agasallo para un nen@ mosense a través da páxina web municipal no link https://www.mos.es/mosaxuda-no-nadal/
Os agasallos que se poden comprar na web son xoguetes, obxectos, materiais ou prendas que previamente @s nen@s beneficiarios pediron nas súas respectivas cartas aos Reis Magos. Deste xeito ningún cativo de Mos quedará sen cumprir o seu desexo neste Nadal.
Os pequen@s que cumprirán o seu sono navideño grazas a este programa son un total de 58, e tamén son 58 os agasallos que integran a listaxe entre a que poden elixir os empresarios para mercar na páxina web do Concello de Mos.
A rexedora local mosense declarou que “esta iniciativa naceu perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, coa colaboración do empresariado, para poder levar a cabo este proxecto solidario e que todos os nen@s de Mos fagan realidade o seu desexo nestas festas”.
Mos Axuda no Nadal inclúe tamén a xa tradicional campaña de recollida de alimentos nos centros educativos mosenses, asociacións do Concello, no Belén Solidario do Pazo de Mos (para ser visitado débese doar, como prezo de entrada, algún alimento destinado á campaña) e o vindeiro sábado 15 de decembro en 4 supermercados do municipio -Eroski, Gadis, Lidl e Día- ao longo de toda a xornada en horario de apertura das devanditas superficies comerciais. Tamén colaborarán na doazón de alimentos empresas mosenses.
Rexedora local e edil de Política Social aproveitaron a ocasión para agradecer anticipadamente a colaboración cidadá dos veciñ@s de Mos neste proxecto.