Trátase dos grupos Gravesen e School pero ademáis, dentro da súa programación para este mes de Nadal, tamén se inclúe teatro infantil o domingo 16
A Sala Rebullón, do Territorio Cultural As Pedriñas, acolle este venres 14, ás 22:00 h da noite, un concerto musical con entrada de balde e coas actuacións de Gravesen e School (tributo a Nirvana).
Gravesen, presentan a súa primeira referencia, un Ep de 4 temas no que mostran a súa mistura de Stoner, Grunge e Rock Alternativo. Esta será a primeira data da súa xira á que pouco a pouco van sumando máis datas.
Por outro lado School (tributo a Nirvana) fuxe dos convencionalismos á hora de encarar o seu directo, cun son sucio e cheo de distorsión, facendo propia a experiencia de Nirvana, sendo este o seu derradeiro concerto do 2018.
O domingo 16 pola tarde a II Mostra de Teatro dará paso á compañía Entretés, coa representación de “Mentiras e Verdades”, unha boa posta en escea de teatro infantil que terá lugar ás 18:00 h.

