Redacción 05/12/2018

Pendentes da aprobación pola Deputación de Pontevedra, este proxecto executaríase con cargo ao Plan Concellos 2018-2019

 

 

O Concello de Salceda ven de solicitar a primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, ubicadas na parroquia de Parderrubias. Nesta primeira fase contémplase a construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio actual, na que se contará con un vestiario.

Ademais crearase unha cantina con acceso dende o lateral do propio campo, xerando así percorridos diferenciados para espectadores e xogador@s. Esta cantina contará ademais
cun almacén e dous aseos accesibles. Por último, prevese a construción dunha pérgola metálica con cobertura de brezo para crear unha zona de sombra.

O proxecto, que conta cun orzamento de 87.688,13 €, executarase con cargo ao Plan Concellos 2018/2019 unha vez que a Deputación Provincial emita a súa aprobación.

O campo de fútbol do Penedo Redondo, construído no ano 2010 nos terreos da Comunidade de Montes de Parderrubias -con un acordo de cesión de dereito de superficie ao Concello de Salceda de Caselas- conta na actualidade con máis de 250 usuari@s habituais, pois acolle aos máis de 250 nen@s das Escolas de Fútbol Denis Suárez, a Sociedade Deportiva de Parderrubias (equipos A e B), o equipo de fútbol 8 femenino das Escolas Deportivas de Salceda e o equipo de Veteranos do Caselas, así como os adestramentos do propio Caselas F. C.

As dinámicas actuais e os esforzos en ofrecerlles aos nen@s as mellores instalacións, fan precisas importantes obras de reforma no campo, que con esta primeira fase se verán en parte solucionadas, a espera de seguir acometendo melloras en vindeiros anos, segundo as posibilidades do Concello.

Carla Pérez, Concelleira de Deportes: “Salceda ten a sorte de contar con un proxecto da envergadura da Escola de Fútbol Denis Suárez, e o Concello non vai deixar pasar a oportunidade, polo que centraremos tódolos nosos esforzos no eido do deporte na mellora das instalacións”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “traballamos pola Salceda do baby boom para que os nosos nenos e nenas teñan as mellores oportunidades. As entidades deportivas saben que contan co apoio do Concello para levar a cabo aqueles proxectos de interese para a veciñanza e que estén na nosa man”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad