Ás 11.00 h de este mércores 28 haberá varias concentración repartidas por 11 localidades galegas para denunciar a falta de accesibilidade nos edificios de vivendas
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e centros e entidades membro, celebrarán o vindeiro mércores, 28 de novembro, ás 11 horas, varias concentracións simultáneas que se desenvolverán en 11 localidades, a de Vigo será na Rúa do Príncipe, diante do Museo Marco.
Actualmente, só o 0,6% dos 10 millóns de edificios de vivendas de España compren de maneira total a regulamentación en materia de accesibilidade, a pesar de que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo legal para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran accesibles. Estas concentracións serán para presentar a campaña #Arrestópolis de COCEMFE nacional (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para denunciar a falta de accesibilidade en edificios de vivendas que manteñen encerradas na súa propia casa a persoas con discapacidade e reivindicar o dereito á vida independente e a unha vivenda digna.
Esta campaña #Arrestópolis pretende lembrar que hoxe en día hai moitas persoas que non poden saír das súas casas, polo que o movemento asociativo de COCEMFE pretende sensibilizar a toda a cidadanía e axentes implicados na cadea de accesibilidade para que non exista ningunha persoa présa sen ter cometido delito algún.
Esta campaña se presentará simultaneamente en 37 concentracións repartidas por toda a xeografía nacional nas que se prevé a participación de máis de 2.000 persoas.