
Representantes da Comunidade de Montes e das Traídas de Augas expoñen motivos dabondo para non seguir adiante co proxecto e invitan a concentración este venres ás 20.00 h
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, e dende as distintas captacións de traídas de auga da parroquia de Tameiga, convocan a unha concentración diante da porta do Concello de Mos este venres día 23, as 20:00 h.
Os motivos están ben resumidos, opóñense totalmente a expropiación de 815.000 m2 de terreo na parroquia de Tameiga.
Afirman que o proxecto da zona comercial obedece a unha operación urbanística, “Mouriño quere mercar os terreos para poder vendelos despois. Xa intentou facer o mesmo con Balaídos, pero topou con Abel Caballero”. Neste motivo céntrase a oposición que están a facer, “non ten que ver co deportivo”.
Para avaliar o grao do dano “solicitamos que fixesen estudos hídricos da zona, e estamos agardando a súa resposta”, xa que “descoñecemos o alcance do dao que faría tanto na calidade da auga, na depuración ou no alcantarillado” ó non contar con estructura suficiente para tal magnitude.
Hai que facerlles ver que isto é “un disparate, un roubo e un atropelo a todos os veciños da zona”. “Iso non pode chegar adiante, non poder ser, é un proxecto que xa naceu morto”.
Indican nesta rolda de prensa que en realidade “non teñen proxecto para o Centro Comercial, xa que sempre nos presentan a zona deportiva; entendemos que debe custar cartos e non se arriscarán ata ter os terreos”.
Por todo isto, a comunidade de montes mais as traídas de augas, convidan a toda a veciñanza a mostrar este venres o seu desacordo.