Redacción 21/11/2018

Os alcaldes das Neves e Ponteareas deron a benvida @s participantes do obradoiro de emprego “Coidar de Nos”

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona este obradoiro con 288.807€

 

Con motivo do primeiro día de curso o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Alcalde das Neves, Xosé R. Méndez, deron a benvida onte no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) @s alumnas e traballadoras do obradoiro de emprego “Coidar de Nos”.

Vinte persoas desempregadas dos concellos das Neves e de Ponteares comezan hoxe unha nova andaina profesional na que se capacitarán en duas ramas (sociosanitaria e xardinería).

Neste primeiro día de traballo o equipo directivo do obradoiro destacou o éxito de inserción laboral acadado no anterior obradoiro de emprego chegando na rama de sociosanitaria ao 100%.

O Alcalde de Pontearea destaca que este é un exemplo do bo resultado do traballo realizado en conxunto por varias adminstracións, agradecendo á  Xunta de Galicia que atendeu ás peticións conxuntas dos dous concellos. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 288.807 € para este obradoiro cun reforzo económico de 4.500 € para incentivar a contratación e cubrir os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se suscriban co alumnado, ademais das achegas e fondos propios do concello de Ponteareas e de As Neves.

Alentados por esta cifra aprenderán e traballarán ao mesmo tempo durante 9 meses de curso e contrato que lles permitirá ter un salario e cotizar á seguridade social ao tempo que se forman e amplían as súas expectativas laborais.

Clases teóricas pero tamén moitas clases prácticas que desenvolverán na residencia de Maiores de Ponteareas, no Centro de Día das Neves e na asistencia domiciliaria nos dous Concellos, Ponteareas e As Neves.

No caso do módulo de xardinería, os e as participantes terán que afrontar primeiro o nivel I no que nas horas prácticas crearán un viveiro de prantas. Unha vez acadado o nivel I pasarán á formación e traballo do nivel II de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Neste nivel II actuarán en parques e zonas verdes dos dous concellos.

Na súa intervención o Alcalde de Ponteareas destacou a alta participación de mulleres, correspondendo ao 99%, “estes obradoiros son imprescindibles para abrir unha vía ao mercado laboral e máis no caso das mulleres que teñen unha tasa de desemprego máis alta, tal e como se reflexa hoxe nesta aula”.

Pola súa parte, o Alcalde das Neves, insistíu na necesidade da implicación social en tódolos niveis e suliñou a importancia destas dúas formacións que desempeñarán labores de coidado das persoas e tamén de bens comúns.

Por cuarto ano consecutivo Ponteareas consegue afianzar un obradoiro que se enmarca dentro das iniciativas de fomento do emprego e creación de postos de traballo, ofrecendo ademais aos e ás beneficiarias formación para mellorar o seu curriculum e facelos máis competitivos no mercado laboral.

Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo. Un plan que ten dado os seus resultado pois en ningunha etapa de gobernos anteriores se logrou en políticas de emprego nada similar. “Por primeira vez, Ponteareas conta con obradoiros de emprego en catro anos consecutivos”, manifesotu o Alcalde, e responsable da área de desenvolvemento económico.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad