Redacción 21/11/2018

Alcaldesa e concelleira de Educación presidiron un novo Pleno Infantil logo deste nomeamento concedido por Unicef

 

Nenos e nenas do consello municipal de infancia do Porriño, participararon este martes, día 20 de Novembro nun novo Pleno Infantil, celebrado no Concello e presidido pola alcaldesa, Eva García de la Torre, que estivo acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure. É o primeiro dende o recoñecemento do Porriño como ‘Cidade Amiga da Infancia’, por parte de UNICEF.

Tratouse, ademáis, dunha forma de conmemorar o ‘Día Internacional dos Dereitos da Infancia’, e poder chamar así a atención dos veciñ@s do Porriño sobre a situación dos menores máis desfavorecidos, ademais de concienciar a cidadanía de que a día de hoxe estes dereitos seguen sen estar garantidos en moitos dos países do mundo.

Esta actividade forma parte do proxecto iniciado o pasado ano e que ven de acadar para este concello o recoñecemento de cidade amiga da infancia por parte de UNICEF, contribúe a consolidar o consello municipal de infancia como órgano de participación, de carácter consultivo e representativo do conxunto da infancia e adolescencia do municipio.

Desta volta a orde do día inclúiu propostas dos e das representantes de cada un dos centros educativos do concello en relación ao uso dos espazos públicos, das barreiras arquitectónicas existentes, da peatonalización das rúas ou da eliminación do paso a nivel do centro do Porriño.

Esta actividade na que participaron 20 nen@s, en representación dos 10 centros de ensino do concello e que foi retransmitida unha vez mais en directo pola web municipal, é o resultado dun intenso traballo realizado nas aulas ao longo do último mes por uns 400 rapaces e rapazas do concello.

As actividades conmemorativas do día internacional dos dereitos da infancia complétanse coa actuación do Mago Paco -Fran Otero, Especialista en maxia infantil- ás 18.00 h no Centro Cultural Municipal- co seu espectáculo de maxia “Hocus Pocus”, diseñado e creado para os nenos nos que poderá disfrutar tódala familia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad